polemoniáceo -a
polemoniáceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás polemoniáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das polemoniáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas, ou raramente leñosas, da orde das solanais, caracterizadas por ter follas alternas e xeralmente simples, flores actinomorfas ou lixeiramente cigomorfas, hermafroditas, pentámeras, de corola infundibuliforme, campanulada ou tubular, reunidas en inflorescencias cimosas, e con froitos en cápsula. A maioría son propias de América do Norte. Algunhas, como o polemonio, teñen importancia en xardinaría.