Police, The

Police, The

Grupo de música pop creado en 1977 e integrado por Gordon Summer Sting (cantante e baixo), Steward Copeland (batería) e Andy Summers (guitarrista). Disolveuse en 1986. Considerado un dos grupos máis destacados no estilo new wave, o seu primeiro grande éxito foi “Can’t Stand Losing You”, seguido de “So Lonely” e “Roxanne”. Na súa discografía destacan, entre outros, Outlandos d’Amour (1978), o seu primeiro traballo, Reggatta de Blanc (1979), Zenyatta Mondatta (1980), Ghost In The Machine (1981), Synchronicity (1983) e Every Breath You Take: The Singles (1986).

Palabras veciñas

policarpo | Policarpo | Policarpo, san | Police, The | policéfalo -la | policía | policial