polinesio -sia
(< topónimo Polinesia)
-
[ANTROP/FISIO]
-
adx
Relativo ou pertencente á raza polinesia ou aos seus representantes.
-
s
m
Individuo da raza polinesia.
-
raza polinesia
Raza de afinidades discutidas cos grupos leucodermo e xantodermo. Os seus individuos son braquicéfalos, de tamaño elevado, pel parda ou amarelecida, pilosidade reducida agás na barba, cara oval, nariz amplo e rectilíneo, ollos rectos e moi grandes, e unha marcada tendencia á obesidade. Ocupan a parte máis importante das illas do Pacífico, desde Nova Zelanda ata as Hawaii.
-
adx
-
[ETN]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo polinesio.
-
s
Individuo do pobo polinesio.
-
s
m pl
Pobo de raza polinesia que se estende polo leste do Pacífico no triángulo que forman a illa de Hawaii ao N, Nova Zelanda ao S e a illa de Pascua ao L. A súa subsistencia xira arredor do cultivo da árbore do pan, os plátanos e algúns tubérculos tropicais, pero sobre todo da pesca. A súa organización social está constituída por unha estrutura piramidal que vai desde os grupos locais ata os caudillos dunha illa ou val. Teñen unha diferenciación social que consta de dúas ou tres clases. O poder do caudillo fundaméntase na súa ascendencia divina, que se concreta nas nocións de maná e tabú. Os elementos principais da expresión polinesia son a poesía oral, acompañada de música, e a danza.
-
adx
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Polinesia ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Polinesia.
-
linguas polinesias
[LING]
Grupo oriental de linguas da familia malaio-polinesia do phylum áustrico, faladas nas illas da Polinesia. Inclúe linguas como o samoano (Samoa), o maorí, (Nova Zelanda), o hawaiiano (Hawaii), o tahitiano (illas de Sociedade), e outras linguas localizadas nas illas Marquesas, Tuamotu, Mangarewa e Tonga.
-
adx