póliza
(< ital polizza < grbizantino ἁπόδειξις‘demostración, proba’)
-
[DER]
-
s
f
Documento en que se formalizan, por imposición legal ou por costume, determinados contratos mercantís, sobre todo o de seguros. Xeralmente, admítese a póliza como documento de eficacia probatoria, aínda que non serve como validez do negocio.
-
póliza de almirantado
Documento que acredita, de acordo coas Ordenanzas da Armada, a elección do capitán que, co nome de almirante, tomaba o mando da expedición no caso de navegar en conserva ou no caso de ter que se coligar con vistas á defensa mutua. No primeiro caso era librada polo armador da rota; no segundo, era asinada por todos os capitáns en favor do elixido e por este en favor dos outros buques.
-
póliza de transporte/de frete
Documento en que se outorga un contrato de frete.
-
s
f
-
s
f
[ECON]
libranza.
-
s
f
[DER]
Selo do estado con que se facía efectivo o importe do timbre en determinados documentos.