polje*
polje*
s
m
[XEOG]
Depresión pechada de orixe cárstica, posiblemente formada por coalescencia de dolinas ou por afundimentos tectónicos, que adoita estar limitada por beiras calcarias moi abruptas. O seu fondo está constituído por terra de descalcificación moi fértil. Normalmente está drenada por un río que desaparece nunha cavidade ou ponor, pero se a evacuación hídrica se fai con dificultade, o fondo pode converterse nun lago ou nunha zona de marismas.