Polonio/Polonia
Polonio/Polonia
[ONOM]
Antropónimo procedente da forma grega Áðïëëώíéïò, cos significados de ‘pertencente ou relativo a Apolo’, ‘apolíneo’. Máis frecuente na súa forma feminina, na súa evolución obsérvase un caso de aférese ou perda de sílaba inicial, semellante ao que aconteceu noutros nomes (Dosinda/Ildosinda; Duarte/ Eduardo). A forma feminina presenta as variantes Apolonia e Pelonia, esta última máis popular. Levan este nome santa Polonia, virxe de Alexandría; santo Polonio, mártir en Roma; e santo Polonio, bispo en Brescia. A festividade de santa Polonia celébrase o 9 de febreiro (en Padrón o 21 de abril) e de santo Polonio o 18 de agosto.