Pólvora, Conspiración da
Pólvora, Conspiración da
Conxura organizada por un grupo de católicos ingleses contra Xaime I de Inglaterra. Pretendían voar o Parlamento o día da sesión inaugural (5 de novembro de 1605). Robert Catesby e catro conspiradores máis, co fin de enfrontar a intolerancia relixiosa, escavaron un corredor debaixo de Westminster, onde colocaron máis de 20 barrís de pólvora, pero o seu complot foi descuberto a véspera, e os organizadores xulgados e executados.