Pólvora, Conspiración da

Pólvora, Conspiración da

Conxura organizada por un grupo de católicos ingleses contra Xaime I de Inglaterra. Pretendían voar o Parlamento o día da sesión inaugural (5 de novembro de 1605). Robert Catesby e catro conspiradores máis, co fin de enfrontar a intolerancia relixiosa, escavaron un corredor debaixo de Westminster, onde colocaron máis de 20 barrís de pólvora, pero o seu complot foi descuberto a véspera, e os organizadores xulgados e executados.

Palabras veciñas

Pólux | Polveira | pólvora | Pólvora, Conspiración da | polvoreira | polvoreiro -ra | polvoriñar