pólvora

pólvora

(< lat pulvĕre ‘po’)

  1. s f [QUÍM/IND]

    Mestura fortemente explosiva sólida e xeralmente en forma de grans. Pode estar formada por diversas composicións, a máis antiga delas é de salitre, xofre e carbón, chamada pólvora negra ou pólvora terrosa segundo a cor do carbón. Emprégase para impulsar proxectís nas armas de fogo, propulsar foguetes, realizar barrenas nas rochas, demoler construcións ou preparar fogos de artificio. De orixe incerta, parece que foi producida por vez primeira en China, onde se usaba en fogos de artificio; os árabes introducírona en Occidente, que xa a empregaron con fins militares en Niebla (1257) e no s XIII xa se usou na guerra.

  2. s f

    Conxunto de fogos de artificio.

Frases feitas

  • Inventar a pólvora. Presentar como novidade algo que é coñecido por todos.

  • Xogar con pólvora. Realizar ou atreverse con algo moi arriscado.