Pomar, Júlio
Pomar, Júlio
Artista e escritor. Na súa obra pictórica desenvolveu principalmente o neorrealismo. Fixo da súa arte un vehículo de intervención sociopolítica e refutou o réxime salazarista. Destacan O Almoço do trolha (1947), Mulher (1945), a serie Os Tigres (1980) e O Paraiso e outras histórias (1994). En España, interesouse pola obra de Goya, que marcou algunhas das súas pinturas (Maria da Fonte, Os cegos de Madrid ou a serie Tauromaquias, 1960). Ilustrou unha versión de El Quijote e publicou o poemario Alguns eventos (1992) e Da cegueira dos pintores (1986). Recibiu o Premio de Pintura da Fundação Calouste Gulbenkian (1957 e 1961) e o Premio Montaigne (1993).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa