Pomerelia

Pomerelia

Rexión histórica do N de Polonia, que constituía a parte oriental de Pomerania. Situada ao O do Vístula, o seu relevo suave está cheo de bosques de coníferas e de numerosos lagos. Incorporada ao Terceiro Reich (1934-1945), posteriormente dividiuse nos voivodatos polacos de Gdańsk e Bydgoszcz.