Ponte Santasmarinas, Laura

Ponte Santasmarinas, Laura

Actriz. Cofundadora do Teatro do Antroido, participou nos espectáculos Amor e crimes de Xan Panteira (1975), de Blanco-Amor, Bailadela da morte ditosa (1980), de Euloxio Ruibal, e, co Centro Dramático Galego, en Woyzeck (1985), de G. Büchner. Ademais de desenvolver diversos proxectos para televisión desde a década de 1980, nas pantallas cinematográficas protagonizou, en 1989, un dos episodios que compoñen a longametraxe Urxa (C. A. López Piñeiro e A. García Pinal). En 1991 participou en Martes de Carnaval (Pedro Carvajal e Fernando Bauluz), en 1997 en A noiva de medianoite (Antonio F. Simón), en 2000 na curtametraxe O río ten mans (B. del Monte), en 2004 na longametraxe León y Olvido, entre 2004-2005 interpretou a Maruxa en 4º sen ascensor. No 2008 destaca o seu papel de Dorinda en Os Atlánticos e a participación no filme Todo é silencio, no 2012. Un dos seus últimos papeis é na serie da TVG Casa Manola, como Luchi, en 2014

 

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bos Aires