Pontes, depresión das

Pontes, depresión das

Conca terciaria formada pola existencia de bloques afundidos por onde discorre o río Eume sen encaixarse. Está recuberta por sedimentos cuaternarios formados por mantos detríticos e aluvións ao redor do río. Na conca altérnanse leitos de lignito e arxilas. É a reserva de lignitos máis importante de Galicia, e está en relación con outra máis pequena, a depresión de Roupar, de margas verdosas depositadas no Terciario e posteriormente fosilizadas. Nela sitúase a Central Térmica de Endesa.