Pontesampaio, Batalla de

Pontesampaio, Batalla de

Batalla que tivo lugar no antigo concello de Pontesampaio (hoxe parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra) entre o exército francés ao mando do mariscal Michel Ney e un grupo de veciños e tropas lideradas por P. Morillo e o conde de Noroña durante os días 7 e 8 xuño de 1809. As forzas locais cortaron as pontes de Ponte Caldelas e Sampaio sobre o río Oitavén e dispuxéronse nos vaos do río á espera dos franceses, que chegaron o día 7. O exército francés, integrado por 8.000 infantes e 1.200 soldados de cabalaría, despois de comprobar que as pontes estaban rotas e os vaos ocupados, iniciaron un enfrontamento de artillaría. O día 8 o mariscal deu a orde de atacar polo vao de Ponte Caldelas e polo río, preto de Sampaio, pero foron rexeitados polos galegos despois de sufrir importantes perdas. Fronte á imposibilidade de atravesar o río sen sufrir baixas, o mariscal Ney ordenou a retirada e volveron cara á Coruña.

Palabras veciñas

Pontes, As | Pontes, depresión das | Pontesampaio | Pontesampaio, Batalla de | Pontevedra | Pontevedra | Pontevedra