Pontevedra
Pontevedra
[PUBLIC]
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1982. Subtitulada “Revista de estudios provinciales”, foi promovida pola Deputación de Pontevedra. De periodicidade anual, aínda que en ocasións algo irregular, dirixiuna Miguel Pereira. Destaca o seu coidado deseño e o carácter sociocultural, co que abordou unha gran cantidade de contidos, con especial dedicación á historia local, arte, arqueoloxía, patrimonio, xeografía, lingua ou literatura.