Pontevedra, casa do concello de
Pontevedra, casa do concello de
Construción situada na praza de España, en Pontevedra. Realizada sobre os restos das antigas casas do concello dos ss XV e XVI, é obra de A. Rodríguez Sesmero. Construída en estilo ecléctico, está composta por dous corpos rematados nunha balaustrada con xarróns. Na parte central combináronse as ordes xónica e corintia e conta cun balcón no piso superior.