Pontevedra, cuna de Colón
Pontevedra, cuna de Colón
[IMAX]
Filme galego realizado polo fotógrafo Enrique Barreiro e proxectado por vez primeira no Teatro Principal de Pontevedra o 2 de maio de 1927. Como mediametraxe documental, ao longo das súas escenas altérnanse panorámicas en cor, algunhas pintadas polo propio Barreiro, a medida que se expoñen títulos insertados na pantalla en que aparecen as xustificacións da orixe galega de Colón. Foi unha das primeiras cintas en cor do cine español.