Pontevedra, pazo da deputación de

Pontevedra, pazo da deputación de

Construción situada en Pontevedra. Datada no último terzo do s XIX, foi realizada por A. e Domingo Rodríguez Sesmero. De planta rectangular, elévase sobre un podio con escaleira de acceso na fachada principal e na posterior. Construíuse en estilo renacentista con reminiscencias barrocas e clasicistas, e ten un xogo de entrantes e saíntes que lle dá á fachada sensación de movemento. No corpo central ten columnas con capiteis xónicos na planta baixa e dóricos na parte superior, e arcos de medio punto en fiestras e portas. Este corpo remata en claraboias e un frontón triangular en que se sitúa o escudo da Deputación Provincial de Pontevedra.