Pontevedra, ría de
Pontevedra, ría de
Ría situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Baña os concellos de Marín, Bueu, Pontevedra, Poio e Sanxenxo. Cunha superficie duns 145 km2 é a terceira ría máis grande despois das de Arousa e Vigo. Limitada pola punta Miranda ao NO, punta de Couso ao SO, e a desembocadura do río Lérez na súa parte máis interna. Ten unha ancho duns 23 km que vai diminuíndo a medida que se achega á desembocadura do río. Consecuencia dunha fractura con dirección SO-NL, a súa morfoloxía é suave. As praias son menos numerosas ca no resto das Rías Baixas pero están sempre presentes. Na boca da ría sitúanse as illas de Ons e Onza, que polo seu valor ecolóxico foron nomeadas Parque Nacional das Illas Atlánticas, xunto coas Illas Cíes e a illa de Sálvora.