Pontevedra arqueológica

Pontevedra arqueológica

Publicación editada na Guarda a partir de 1985 como voceira do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén. Dirixida por Ramón Patiño, no seu consello asesor participaron algúns dos máis destacados investigadores de Galicia no campo da arqueoloxía, a prehistoria, a historia e a antropoloxía. Incluíu diferentes artigos sobre escavacións, sondaxes estratigráficas, prospeccións arqueolóxicas e notas etnográficas, acompañadas de debuxos, mapas, fotografías e abundante bibliografía.