pónxido -da
pónxido -da
(< lat científico Pongo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pónxidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero primate da familia dos pónxidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos primates da superfamilia dos hominoideos, que recorda en moitos caracteres anatómicos e fisiolóxicos á dos homínidos. Os exemplos máis grandes de todos os primates están nesta familia. Caracterízanse pola total ausencia de rabo, tronco curto e extremidades anteriores proporcionalmente moi longas. Tamén posúen un fociño prominente, o nariz reducido e os ollos afundidos. Presentan dúas áreas de repartición completamente illadas; por unha banda, a selva ecuatorial africana (chimpancé, gorila) e pola outra, a asiática (orangután).