Ponzillo, Rosa Melba
Ponzillo, Rosa Melba
Soprano estadounidense. Coñecida como Rosa Ponselle e de ascendencia napolitana, iniciou a súa carreira en pequenos cafés de New Haven xunto á súa irmá Carmela, coa que formou o dúo Ponzillo Sisters. Debutou da man de Enrico Caruso (1918) no Metropolitan de Nova York en La forza del destino, de Verdi, e triunfou nos principais escenarios do mundo, como o Covent Garden. Retirouse en 1937, despois de gravar diversos discos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Merifen, Connecticut -
Deceso
Lugar : Baltimore