pop-art*
pop-art*
s
f
[ARTE]
Movemento artístico, esencialmente pitórico, nacido en EE UU a finais da década de 1950, e estendido axiña a Europa. Puxo en evidencia os mecanismos alienantes da sociedade de consumo e a manipulación ideolóxica á que están sometidas as masas neste sentido. Manipulou a realidade e recuperou os obxectos máis triviais da vida cotiá ou dos medios de comunicación. Cultivárono, entre outros, R. Rauschenberg, J. Johns, C. Oldenburg, R. Lichtenstein e A. Warhol.