popa

popa

(

  1. s f [MAR]

    Parte do buque dunha embarcación que o pecha pola súa parte posterior, na que se sitúa o temón. A popa, que ha de ser de forma adecuada desde o punto de vista hidrodinámico, ten diversas formas, que responden a diferentes solucións construtivas, as máis importantes delas son a de cruceiro, a de violín, a cadrada, a redonda e a de cu de mona. A popa de cruceiro, aparecida en 1912 en Inglaterra, caracterízase polo feito de non ter lanzamento sobre a liña de flotación e porque a súa obra viva é ampla e plana. A popa de violín caracterízase por ter a obra morta moi ampla na cuberta, a causa da localización moi rápida da liña de flotación, e moi saínte respecto do codaste. A popa cadrada acaba cunha superficie transversal practicamente plana, que sae fóra do codaste e cobre o temón. A popa redonda é curva e sae da temoneira e a súa sección horizontal está limitada por un arco de circunferencia. A popa do cu de mona é moi lisa e a súa sección vertical lonxitudinal está imitada por un ángulo agudo, co vértice ao coroamento.

  2. s f [MAR]

    Parte posterior dunha embarcación de vela, comprendida entre a sección vertical transversal que contén o pau maior e a popa propiamente dita.

  3. s f [MAR]

    Parte posterior dun barco considerado dividido en tres partes iguais, pola súa eslora, desde a proa.

Palabras veciñas

pop* | Pop, Sever | pop-art* | popa | Popa | Popa, Stefan | Popayán