popular
popular
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo.
-
adx
Que foi feito polo pobo.
Ex: Organizaron unha mostra de arte popular.
-
adx
Que está feito para o pobo.
Ex: Teñen libros a prezos populares.
-
adx
Que é moi coñecido.
Ex: Son moi populares na vila.
-
adx
[LING]
-
Que experimentou a evolución fonética normal, segundo as leis fonéticas propias de cada lingua, en oposición ao cultismo, que conserva a súa forma primitiva con pequenas adaptacións fonéticas á lingua que o toma. Por exemplo, a forma latina CLAVĪCŬLA dá en galego a forma popular chavella e a culta clavícula.
Sinónimos: patrimonial. -
etimoloxía popular.
-