popular

popular

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo.

  2. adx

    Que foi feito polo pobo.

    Ex: Organizaron unha mostra de arte popular.

  3. adx

    Que está feito para o pobo.

    Ex: Teñen libros a prezos populares.

  4. adx

    Que é moi coñecido.

    Ex: Son moi populares na vila.

  5. adx [LING]
    1. Que experimentou a evolución fonética normal, segundo as leis fonéticas propias de cada lingua, en oposición ao cultismo, que conserva a súa forma primitiva con pequenas adaptacións fonéticas á lingua que o toma. Por exemplo, a forma latina CLAVĪCŬLA dá en galego a forma popular chavella e a culta clavícula.

      Sinónimos: patrimonial.
    2. etimoloxía popular.