Porreres

Porreres

Municipio de Mallorca, Illes Balears (4.069 h [2001]). Abundan os matos de oliveiras xunto cos piñeirais e predominan os cultivos herbáceos e as froiteiras de secaño. Ten importancia a extracción de pedra para fachadas e para materiais de construción, ademais das fábricas de reloxos, mobles, embutidos e viño.