1 porro
(
-
s
m
[PLANTA]
-
Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de altura, de olor característico, con bulbo simple, alongado e cilíndrico, follas estreitas, planas, longas e brancas na base que se van volvendo verdes a medida que se ascende polo talo, e numerosas flores brancas ou rosadas, agrupadas en umbela globosa. Florece entre xuño e xullo. É comestible e o seu cultivo é moi antigo. Presenta propiedades antisépticas e diuréticas. OBS: Tamén se denomina allo porro.
-
Bulbo de cor branca desta planta.
-
-
porro silvestre
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de 150 a 200 cm de alto, de olor aliáceo, con bulbo dímero, envolto de pequenos bulbos, con follas planas e amplamente lineais, e con numerosas flores diminutas rosadas ou púrpuras, agrupadas nunha umbela grande e redonda. Florece entre mediados da primavera e mediados do verán. Dáse en campos, camiños e terreos da rexión mediterránea.