1 porro

1 porro

(

  1. s m [PLANTA]
    1. Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de altura, de olor característico, con bulbo simple, alongado e cilíndrico, follas estreitas, planas, longas e brancas na base que se van volvendo verdes a medida que se ascende polo talo, e numerosas flores brancas ou rosadas, agrupadas en umbela globosa. Florece entre xuño e xullo. É comestible e o seu cultivo é moi antigo. Presenta propiedades antisépticas e diuréticas. OBS: Tamén se denomina allo porro.

    2. Bulbo de cor branca desta planta.

  2. porro silvestre [PLANTA]

    Planta herbácea perenne, de 150 a 200 cm de alto, de olor aliáceo, con bulbo dímero, envolto de pequenos bulbos, con follas planas e amplamente lineais, e con numerosas flores diminutas rosadas ou púrpuras, agrupadas nunha umbela grande e redonda. Florece entre mediados da primavera e mediados do verán. Dáse en campos, camiños e terreos da rexión mediterránea.