Port-of-Spain
Port-of-Spain
Capital do estado insular de Trinidad e Tobago, situada na illa de Trinidad e que forma un condado independente (10 km2; 50.874 h [1992]). Destaca a exportación de produtos tropicais como café e coco e a industria azucreira e destilaría. Foi coñecida co nome de Conquerabia.