Porta, Giacomo della
Porta, Giacomo della
Arquitecto e escultor de orixe lombarda. A súa arte, influída por Michelangelo, Il Vignola e B. Ammannati oscilou entre a tradición clásica e a busca de novas solucións arquitectónicas. Pertenceu á Accademia Nazionale di San Luca e sucedeu a Michelangelo como arquitecto do Capitolio onde rematou o palacio dos Conservatori (1578) e construíu o palacio dos Senatore (1573-1598). Cara a 1573 converteuse no principal arquitecto de San Pedro do Vaticano onde realizou as cúpulas menores (1578 e 1585) e a maior (1588-1590). Entre as súas obras destaca a fachada da igrexa do Gesù de Roma (1573-1584), o palacio da Sapienza (1575?), Sant’Andrea della Valle (1591) e a vila Aldobrandini en Frascati (1598-1603).
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Roma