Portal

Portal
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do substantivo común portal, derivado do latín porta, que dá nome a unha advocación mariana. Segundo a lenda, a imaxe da Virxe do Portal apareceu a principios do s XIV entre os restos dunha parede do convento de Belvís (Santiago de Compostela) e foi colocada no portal da entrada, a onde volvía milagrosamente cando era trasladada. En 1693 construíronlle unha capela cos cartos das esmolas. Na iconografía aparece de pé e cun Cristo xacente nos brazos. A súa festividade celébrase o 8 de setembro, mentres que a Virxe do Portal, patroa do concello de Ribadavia, se celebra o 9 de setembro.