Portal, Nosa Señora do
Portal, Nosa Señora do
Capela situada en Ribadavia. Está situada no lugar onde houbo unha ermida dedicada a Santa María de Valaparíso, pero desde o s XVII coñécese co nome da Virxe do Portal. A súa construción pasou por diferentes épocas e estilos arquitectónicos que van desde o s XVII ao s XIX. Presenta unha soa nave cuberta con bóveda de canón de casetóns e cúpula sobre bóvedas con faixóns. No interior destaca o retablo barroco de 1737 que acubilla no corpo central a imaxe da Virxe. A fachada é neoclásica, cunha espadana de dous corpos que fai a función de campanario e remata nunha pequena estatua. Nas súas proximidades celébrase a romaría da Nosa Señora do Portal o 8 de setembro.