portaría

portaría

(< porteiro)

  1. s f

    Lugar dun edificio, xeralmente próximo á entrada, onde está instalado o porteiro.

    Sinónimos: portería.
  2. s f

    Emprego de porteiro.

    Sinónimos: portería.
  3. s f [DEP]

    Marco rectangular formado por dous paus verticais e un traveseiro, polo que cómpre facer entrar a pelota ou o balón para marcar puntos.

    Sinónimos: meta, porta, portería.

Palabras veciñas

portaplacas | portaplumas | portar | portaría | portarretratos | Portas | Portas