Porteiro Garea, Lois
Xurista e político. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1914 en Madrid coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela e concelleiro agrarista e presidente da Irmandade da Fala desta cidade. En 1917 formou parte da representación galeguista que organizou en Barcelona unha semana galeguista organizada pola Lliga Regionalista. Pódese afirmar que foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, así como un acérrimo defensor da lingua galega, pero non esqueceu a europeización da cultura e rexeitou o separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados pero cunha estreita interrelación. Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e no caciquismo e responsabilizou os galegos e os factores endóxenos de Galicia do seus propios problemas. Defendeu o establecemento dunha república presidencialista e progresista. Colaborou en diversas publicacións como El Radical, Gaceta de Madrid, Estudios Gallegos e A Nosa Terra, e pronunciou diversas conferencias, das que destacan “La acción del caciquismo rural” e “A transformación do Dereito Civil pola Grande Civil”. Escribiu A los gallegos emigrados (1918), Un mensaxe a García (1919) e A fala galega (1936).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela