Portela da Laxe, gravado rupestre da

Portela da Laxe, gravado rupestre da

Gravado rupestre situado no lugar da Costa en Viascón (Cotobade). Sitúase nunha estación rupestre integrada por varias rochas con insculturas. Destaca a de maiores dimensións que presenta diversos motivos, con combinacións circulares e cazoletas na parte superior, e paletas na zona inferior. Foi declarado BIC (1975).

Palabras veciñas

Portela Calvar, Lito | Portela da Canda | Portela da Cruz | Portela da Laxe, gravado rupestre da | Portela das Merendas | Portela das Peras | Portela de Fermosa