Portela da Laxe, gravado rupestre da
Portela da Laxe, gravado rupestre da
Gravado rupestre situado no lugar da Costa en Viascón (Cotobade). Sitúase nunha estación rupestre integrada por varias rochas con insculturas. Destaca a de maiores dimensións que presenta diversos motivos, con combinacións circulares e cazoletas na parte superior, e paletas na zona inferior. Foi declarado BIC (1975).