Portela Calvar, Lito

Portela Calvar, Lito

Pintor e escultor. De estilo abstracto e informalista, nas súas obras predominaron os tons ocres e amarelos, con manchas longas e rascaduras no papel. Recibiu a bolsa de Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1991) e da súa produción destacan Naturaleza muerta (1994) e Sin título (1998). No tocante á escultura, destaca a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar o poliéster cromado con esmalte metalizado. Pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Coiro, Cangas