Porto Ucha, Ángel Serafín

Porto Ucha, Ángel Serafín

Pedagogo e profesor. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, accedeu ao Servizo de Orientación Escolar e Vocacional (SOEV), primeiro en Santiago (1982-1984) e despois en Pontevedra (1984-1988), no Equipo Psicopedagóxico de Apoio (EPSA). Desde 1985 simultaneou este traballo co de profesor-titor no centro asociado da UNED en Pontevedra. Desde 1995 é catedrático de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela e, desde 2002, vicedecano da facultade de Ciencias da Educación. Pertence ao consello de redacción das revistas Innovación Educativa e Nós, e ao consello editor de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Publicou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1986), A Escola Normal de Pontevedra (1845-1940) (1994), A Escola Normal de Santiago de Compostela (1849-1996) (2000), en colaboración con Aurora Marco, Historias de vida. O maxisterio pontevedrés na II República, Guerra Civil e Franquismo (2003) e La Institución Libre de Enseñanza y la renovación pedagógica en Galicia (2005).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Guláns, Ponteareas