Portsmouth
Portsmouth
Cidade do estado de Virginia, EE UU, situada na área de Hampton Roads (104.361 h [estim 1992]). Situada no SL de Richmond é un importante porto, no que destaca a base naval de Norfolk, a maior das do litoral atlántico estadounidense. A construción e reparación naval son as principais industrias.