Portuguesa

Portuguesa

Estado de Venezuela (15.200 km2; 830.440 h [estim 2000]). A súa capital é Guanare (112.139 h [1997]). Situado ao O de Venezuela, a maior parte está na rexión de Los Llanos e é atravesado polo río Portuguesa. O clima é tropical. A súa economía baséase na explotación de madeiras nobres, e nos cultivos de arroz, algodón, sésamo e millo. A industria céntrase na transformación de produtos agrícolas.