Pose, Xoán
Pose, Xoán
Ourive. Activo en Santiago de Compostela, puido formarse con Andrés de Calo e Castro, de quen era oficial. Foi prateiro da catedral compostelá (1698-1712), para a que realizou, entre outras obras, dous candelabros para o altar maior, un copón de ouro, a furna de prata para gardar as reliquias e os retratos en prata de Filipe V e a súa dona. Desde 1706 realizou varios encargos para o mosteiro de San Martiño Pinario. Fixo tamén os copóns para San Xurxo de Codeseda, San Froitoso de Santiago e outras igrexas. O seu fillo Xosé Pose foi tamén ourive e traballou para a capela da Concepción da catedral de Santiago de Compostela.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vimianzo -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela