Posidón
Posidón
[MIT]
Divindade grega, identificada polos romanos con Neptuno. Rei dos mares e das augas, vivía nas profundidades mariñas e sucaba as ondas sobre un carro de ouro. Figura principal do panteón helénico -só inferior a Zeus-, a súa potencia manifestábase nos movementos telúricos e mariños. Tiña como símbolo o tridente. A arte represéntao barbado e co tridente e o raio, substituído despois polo delfín.