Posidonia
Posidonia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das posidoniáceas, formado por plantas perennes acuáticas, mariñas, mergulladas, hidrógamas, de rizoma groso e fibroso, de follas dísticas e cintiformes, de flores aclamídeas e polígamas, reunidas en espigas bracteadas, e de froitos carnosos. A especie máis coñecida P. oceanica, é endémica do Mediterráneo e está en perigo de extinción; vive no fondo do mar, preto da costa, ata os 40 m de profundidade.