Posillipo, escola de
Posillipo, escola de
Grupo de pintores paisaxistas napolitanos que, en oposición aos academicistas, se reuniron a partir de 1820 en Posillipo e nas súas inmediacións e se caracterizaron pola pintura a plein air. Destacaron G. Gigante, figura capital da escola, S. Fergola, G. Smargiassi, R. Vianelli, A. Vianelli, V. Franceschi e A. Gigante.