Posío. Arte y Letras
Posío. Arte y Letras
[PUBLIC]
Revista publicada en Ourense a partir de xaneiro de 1951. Cesou en 1954. Vinculada á Agrupación Posío Arte y Letras, tentou revivir o legado cultural da antiga Posío. De carácter literario, cultural e de pensamento, foi dirixida por Xesús Ferro Couselo, que estruturou a publicación en catro bloques: actividades da agrupación; temas, figuras e problemas de Ourense; creación, crítica e ensaios literarios; e outros temas (relixión, ciencia, lingua ou historia).