Posío

Posío
[PUBLIC]

Revista publicada en Ourense a partir de xullo de 1945. Cesou ao ano seguinte. Dirixida por Xosé Luís Varela, tivo carácter literario, con especial dedicación á poesía, aínda que tamén incluíu traballos de ciencia ou relixión. Impulsada por un grupo de mozos ourensáns que constituíron o Círculo Azor e que asistían ao parladoiro literario do café Roma, contou coa colaboración de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Xosé Mª Castroviejo, Pilar Vázquez Cuesta, Álvaro Cunqueiro ou Gerardo Diego. Incluíu todas as tendencias poéticas do momento e fomentou a escrita en galego.