Possevino, Antonio

Possevino, Antonio

Relixioso xesuíta e diplomático italiano. Estudou en Roma onde foi ordenado sacerdote (1561). Gregorio XIII enviouno como legado a Xoán III de Suecia, para falar do retorno deste reino á comuñón romana (1577). Actuou de mediador entre Iván IV de Rusia e Estevo I de Polonia (1581), coa finalidade de facer unha ofensiva contra os turcos. Ao seu regreso a Italia, foi profesor de teoloxía en Padua (1587-1591).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mantua

  • Deceso

    Lugar : Ferrara