posto -ta
posto -ta
(< lat posĭtu, p pas deponĕre)
-
p irreg
de poñer ou pór.
-
adx
Que vai ben enfeitado e amañado.
-
adx
Que ten bo aspecto físico e vai ben vestido, polo que resulta agradable á vista.
-
s
m
Lugar que lle corresponde ocupar a unha persoa ou cousa.
Confrontacións: posición, praza. -
s
m
Función que desempeña unha persoa no seu traballo.
Confrontacións: cargo, praza, cargo. -
s
m
Lugar en que se establece ou presta un servizo.
-
s
m
Lugar na rúa ou nun edificio onde se vende algo.
-
s
m
Casa ou lugar en que están os sementais para cubrir as femias.
Sinónimos: parada. -
s
m
[BÉL]
Lugar ocupado por un corpo de tropas para unha operación militar.
Frases feitas
-
Posto que loc conx Dado que, xa que.