postulación
postulación
(< lat postulatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de postular.
-
s
f
[DER/RELIX]
-
Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente con vista ao nomeamento dun prelado que, por un impedimento canónico ou por ser prelado doutra igrexa, necesita a dispensa para obter o cargo.
-
Demanda de esmola por parte dos relixiosos designados para este oficio pola súa orde ou a súa congregación, de acordo coas normas do dereito canónico.
-
-
poder de postulación
[DER]
Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente perante os tribunais as súas pretensións, que comprenden a defensa do avogado e a representación do procurador, dos que nalgúns casos se permite prescindir.